Solapas principales

Participa na degustación de tapas elaboradas con produtos do mercado de horta e artesanía de Ames

Jueves, 16 abril, 2026
No marco das actividades de dinamización do mercado de produtos da horta e artesanía de Ames, este sábado 18 de abril organízase unha degustación de tapas en catro locais hostaleiros de Ames, que serán elaboradas con produtos do mercado de horta e artesanía de Ames. Dita degustación ofrecerase no restaurante Onde Keiras, Ristorante Tivolino, Restaurante Mollos e Moios, e Café-Bar Terra.

Este sábado, 18 de abril, organízase un novo evento do programa de actividade do mercado. Desta volta, haberá unha degustación de tapas en catro locais hostaleiros de Ames, que serán elaboradas con produtos do mercado de horta e artesanía de Ames. O mercado celébrase na praza da Maía, en Bertamiráns, en horario de 10.00 a 13.30 horas.

As tapas poderanse degustar nos restaurantes:
-Restaurante Onde Keiras: o rincón verde.
-Ristorante Tivolino: canelóns con verduras.
-Restaurante Mollos e Moios: torradas con paté de shitake, tetragona e rúcula. 
-Café-Bar Terra: ovos recheos.

Multimedia