Solapas principales

O sábado, 15 de agosto, os mercados de rúa e horta e artesanía pecharán por festivo nacional

Martes, 11 agosto, 2026
O Concello de Ames, a través do departamento de Promoción Económica, informa de que o sábado, 15 de agosto, tanto o mercado de rúa como o de horta e artesanía permanecerán pechados por mor do festivo nacional. Deste xeito, non haberá mercado nin na rúa do Ameneiral nin na Praza da Maía.

Ditos mercados volverán ao seu funcionamento habitual o vindeiro sábado, 22 de agosto.