Solapas principales

O punto de información da demanda de emprego de Bertamiráns está fóra de servizo temporalmente

Martes, 10 mayo, 2022
O Concello de Ames, a través da Concellería de Promoción Económica, informa que o punto de información para renovar a demanda de emprego que estaba situado na Casa do Concello, en Bertamiráns, foi trasladado ás novas oficinas municipais que están situadas na praza do Concello, número 10. Debido a dito traslado o punto de información da demanda de emprego está fóra de servizo temporalmente. Para facer a renovación da demanda de emprego pódese acudir ao punto que está situado na Casa da Cultura do Milladoiro.