Solapas principales

Suspéndese a andaina saudable programada para este xoves, 6 de xuño, en Bertamiráns

De Miércoles, 5 Junio, 2019 hasta Jueves, 6 Junio, 2019
O Concello de Ames adoptou a decisión de suspender a andaina saudable organizada para este xoves, 6 de xuño, en Bertamiráns por razóns climatolóxicas. Tíñase previsto que a actividade comezase ás 17.30h con saída dende o centro de Saúde de Bertamiráns. Organizadas pola Concellaría de Sanidade de Ames e os centros de saúde de Bertamiráns e Milladoiro, ditas andainas terán lugar en ambas localidades en semanas alternas.

Entre os meses de marzo e decembro deste 2019 realizaranse un total de 30 andainas, das que 16 terán lugar en Bertamiráns e 14 no Milladoiro. As próximas andainas que se realizarán en Bertamiráns son os días 20 de xuño, 5 e 19 de setembro, 3, 17 e 31 de outubro, 14 e 28 de novembro, e 12 de decembro. As andainas que quedan por facer no Milladoiro realizaranse os días 13 e 27 de xuño, 12 e 26 de setembro, 10 e 24 de outubro, 7 e 21 de novembro, e 5 e 19 de decembro.

Multimedia