Solapas principales

O programa musical La Voz Kids selecciona rapaces e rapazas de entre 7 e 15 anos para participar na súa vindeira edición

Viernes, 22 marzo, 2024
Boomerang TV, a produtora do programa musical La Voz Kids, púxose en contacto co Concello de Ames para informar de que está a levar a cabo o proceso de selección de novos/as candidatos/as para participar na vindeira edición do talent show. Ao casting poden presentarse todos os/as nenos/as de entre 7 e 15 anos, cumpridos no ano 2024. As persoas interesadas deben contactar co programa a través do número de teléfono 683 44 90 93 ou do enderezo electrónico marta.duque@boomerangtv.com.

A primeira fase do casting realizarase online, de maneira que os/as participantes deberán enviar un vídeo cantando. Todos/as os seleccionados/as dos distintos municipios de España serán citados/as posteriormente a unha proba presencial nas cidades de Madrid, Sevilla, Barcelona, Bilbao, Valencia, A Coruña ou Las Palmas de Gran Canaria.

Nas probas poden participar os/as nenos/as de entre 7 e 15 anos cumpridos no 2024, que canten todo tipo de estilos e modalidades, xa sexa como solistas ou de maneira grupal.

Ademais, dende a produtora indican que tamén son benvidas todas as propostas dos participantes adultos, que se poden encaixar no casting do programa La Voz para maiores de 18 anos.

Para participar ou consultar dúbidas pódese contactar a través do número de teléfono 683 44 90 93 ou do enderezo electrónico marta.duque@boomerangtv.com.

Multimedia