Solapas principales

O prazo para a presentación de proxectos ao concurso de ideas para a creación do Centro da mocidade está suspendido temporalmente

Miércoles, 6 mayo, 2020
O Concello de Ames informa de que o prazo para a presentación de proxectos ao concurso de ideas para a creación do Centro da mocidade, incluído no Plan Impulsa Ames cofinanciado con fondos europeos do FEDER, está suspendido debido á aplicación do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma en todo o territorio do estado español. Debido a iso non se poden presentar proxectos xa que de facelo serán desestimados.

A Xunta de Goberno Local aprobou a licitación do concurso de ideas, por un importe de 30.000 euros, para a creación dun centro de ocio, cultura e promoción económica no Milladoiro, a través de decreto da Alcaldía. Este acordo coincide coa declaración do estado de alarma por parte do Goberno do Estado, polo tanto está suspendido temporalmente o prazo de presentación de ofertas a dita licitación. Este proxecto está incluído no Plan Impulsa Ames que está cofinanciado con fondos europeos do FEDER. O centro construirase no Milladoiro, na avenida Muíño Vello, xunto ao parque empresarial e nas proximidades do instituto, a área de ocio, o albergue e a Igrexa do Milladoiro.