Jueves, 15 enero, 2026
No marco das actividades de dinamización do mercado de produtos da horta e artesanía de Ames, este sábado 17 de xaneiro organízase a actividade “Baños de son con Ana Prema” na que se empregarán cuncos tibetanos, gongs... O mercado de horta e artesanía de Ames celébrase todos os sábado na praza da Maía, en Bertamiráns, en horario de 10.00 a 13.30 horas.
A carpa de actividades do mercado acollerá este sábado, 17 de xaneiro, a iniciativa “Baños de son con Ana Prema” na que se empregarán cuncos tibetanos, gongs... Esta nova actividade impartirase de 12.30 a 13.30 horas. Ofértanse 10 prazas. Para participar é necesario inscribirse enviando unha mensaxe por WhatsApp ao número de teléfono 667 665 705.





