Solapas principales

O luns, 10 de abril, é festivo local no concello de Ames

Lunes, 3 abril, 2023
O Concello de Ames informa de que o vindeiro luns, 10 de abril, é festivo local no municipio amesán. Cómpre lembrar que no pleno ordinario de agosto de 2022 a Corporación municipal aprobou por unanimidade os festivos locais para o ano 2023 que son o luns de Pascua (10 de abril) e mailo xoves da Ascensión (18 de maio).

Multimedia