- Tematica
Trátase dunha investigación de carácter oficial cuxo obxectivo principal é reflectir as condicións de vida das familias galegas en relación con diversas variables de interese como o nivel de estudos, os ingresos e gastos do fogar e dos seus membros. Está campaña está dirixida a 9.216 vivendas repartidas por todo o territorio galego, entre as que figuran vivendas do concello de Ames. As visitas en Ames realizaranse entre o 18 de maio e o 5 de xullo por persoal entrevistador debidamente acreditado para cubrir o cuestionario estatístico.
As vivendas seleccionadas recibirán unha carta remitida polo Instituto Galego de Estadística na que se lle informa da obriga de facilitar os devanditos datos, tal e como indica o artigo 23 da Lei 6/2024, de 27 de xullo, de estatística de Galicia, e de que a información é estritamente confidencial e está protexida, segundo establecen os artigos 29-32 da citada lei. Se algún fogar dos seleccionados necesita algunha información pode poñerse en contacto co Instituto Galego de Estadística chamando ao número de teléfono gratuíto 900 102 104, en horario de 9:00 a 14:00 horas.




