Solapas principales

O espectáculo de Nova Galega Danza trasládase á Casa da Cultura

Lunes, 2 agosto, 2021
O espectáculo LEIRA DE NOVA GALEGA DE DANZA trasládase ao auditoiro da Casa da Cultra de Bertamiráns, debido as condicións climatolóxicas adversas que se anuncian para o venres 6 de agosto, ás 22.30 horas.

Os convites que previamente recolleron para o Parque do Ameneiral, onde ía ter lugar o espectáculo, non serán válidos, e as persoas que desexen asistir ao auditorio da Casa da Cultura deberá sacar un novo convite no seguinte enlace.

Pregamos que dadas as limitacións de aforo, se algunha persoa colle o convite e logo non pode asistir, que o comuniquen vía mail a cultura@concellodeames.gal ou nos teléfonos 639663147 / 662377444.