Solapas principales

O Concello de Ames informa da reapertura das inscricións nas probas CELGA

Miércoles, 27 mayo, 2020
A Secretaria Xeral de Política Lingüística retoma o prazo de presentación de solicitudes para as probas CELGA de 2020. Os 14 días do prazo non consumido comezan mañá e finalizan o 16 de xuño.

Ao resultar imposible manter como data para presentarse ás probas o mes de maio e/ou xuño de 2020, tal como recollía a Resolución do 6 de marzo, a realización destas adíase ata o mes de setembro e/ou outubro de 2020, sempre que a evolución da crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 o permita. As datas concretas serán debidamente publicitadas no DOG, así como na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Multimedia