Solapas principales

O Concello de Ames convoca unha bolsa de formación para o Servizo de Normalización Lingüística

Martes, 26 octubre, 2021
O Concello de Ames convoca unha bolsa para realizar prácticas formativas no Servizo de Normalización Lingüística. A bolsa, dun ano de duración, está dirixida a persoas graduadas en Lingua e Literatura Galegas. Os requisitos para as persoas aspirantes son ter a titulación de Grao en Lingua e Literatura Galegas, posuír coñecementos sobre o manexo de procesadores de texto e ter carné de conducir. Con esta bolsa, a persoa seleccionada aprenderá a executar programas e actividades de dinamización lingüística, a prestar asesoramento lingüístico e sociolingüístico a departamentos municipais e outros colectivos, a impartir formación e a coordinarse con outros departamentos, centros educativos e servizos de normalización, ademais de coñecer a organización e o funcionamento básico dun concello.