Solapas principales

Novo enderezo electrónico para solicitar cita previa na UCGAL

De Lunes, 13 Julio, 2020 hasta Lunes, 27 Julio, 2020
A unión de consumidores de Galicia (UCGAL) informa que, por mor de dificultades técnicas, durante dúas semanas, as citas previas deberán concertarse a través do correo electrónico fcarames@consumidores.gal.

Os técnicos da UCGAL atenden no Milladoiro, nas instalacións da rúa Viorneira, número 6, baixo, os martes de 10:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 20:30 horas. En Bertamiráns, as oficinas están situadas no Pazo da Peregrina e a atención ao público realízase os xoves de 10:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 20:30 horas.

É necesario solicitar cita previa. Durante as vindeiras dúas semanas esta cita deberá solicitarse a través do enderezo electrónico: fcarames@consumidores.gal

As persoas que fagan uso deste servizo deberán adoptar as medidas de seguridade e prevención fronte á Covid-19. Así, deberán ir provistas de máscara e usar xel hidroalcohólico antes de entrar e ao saír da oficina da UCGAL.