Viernes, 26 junio, 2026
No marco das actividades de dinamización do mercado de produtos da horta e artesanía de Ames, este sábado 27 de xuño, organízase unha nova xornada do Club tixolas, un club de cociña dirixido a nenos/as de 6 a 12 anos que se desenvolve o derradeiro sábado de cada mes. Con esta iniciativa, búscase que os máis pequenos teñan un primeiro contacto co mundo culinario e que aprendan a realizar receitas con produtos frescos de proximidade e de temporada.
A actividade é de balde e realizarase de 11.30 a 13.00 horas no mercado de horta e artesanía, localizado na praza da Maía, en Bertamiráns. Nesta xornada farase un receitario con todas as receitas elaboradas no Club tixolas durante os últimos meses.
Para participar, hai que enviar unha mensaxe por WhatsApp ao número de teléfono 667 665 705 indicando nome, apelidos e idade do neno/a. Hai 20 prazas dispoñibles que se cubrirán por orde de inscrición.
O Club tixolas tomarase un descanso durante a época estival, para retomar a súa actividade o último sábado de outubro.





