Solapas principales

Nota informativa sobre a incidencia comunicada pola veciñanza no abastecemento de auga

Martes, 16 diciembre, 2025
Durante a tarde e a noite do día de onte (15 de decembro) viñéronse recibindo avisos sobre a presenza de olores no abastecemento de auga en certas zonas do núcleo de Bertamiráns. Ante a alerta veciñal, procedeuse á toma das mostras correspondentes tanto na rede de abastecemento como nos depósitos de auga. Nunha primeira análise púidose comprobar que os parámetros físico-químicos da auga son correctos (turbidez, cor, pH e valores de cloro, tanto en depósito como na rede). Realizarase un seguimento continuo da situación. Dende o Concello de Ames envíase unha mensaxe de tranquilidade e garántese a seguridade do abastecemento de auga. Para comunicar calquera incidencia, poden contactar co servizo de Augas de Ames no teléfono 981 89 07 76.