Solapas principales

Medidas adoptadas no eido do medio rural tras a declaración do estado de alarma por Covid-19

Martes, 24 marzo, 2020
O Concello de Ames informa das últimas medidas adoptadas este luns, 23 de marzo de 2020, tras a declaración do estado de alarma por Covid-19, e que foron publicadas no DOG este martes 24 de marzo de 2020.
A Orde do 23 de marzo de 2020, pola que se adoptan medidas de carácter obrigatorio en relación co COVID-19 en cumprimento do Acordo do Centro de Coordinación Operativa da emerxencia sanitaria na Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop), do 18 de marzo de 2020, establece novas medidas sobre a venda directa de produtos agrogandeiros nos mercados, a venda de produtos vexetais para a plantación en hortas de consumidores finais e o desprazamento de agricultores e viticultores para os efectos da realización de actividades agrarias.
 
Ao pé desta aviso podes descargar a Orde publicada este martes 24 de marzo de 2020 no DOG e un resumo das medidas adoptadas no eido do medio rural tras a declaración do estado de alarma por Covid-19 sobre a suspensión Mercados Tradicionais; aclaracións sobre venda directa de produtos agrícolas e gandeiros en mercados tradicionais; aclaracións sobre a venda de produtos vexetais para plantación en hortas de consumidores finais; e aclaracións sobre a realización de actividades agrarias por profesionais e non profesionais.