Solapas principales

Listaxes provisionais de solicitudes admitidas para a preinscrición en Bos Días Cole, Tardes Divertidas e Comedores Escolares

Viernes, 3 junio, 2022
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa da publicación das listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas para a preinscrición nos servizos complementarios de educación (Bos Días Cole, Tardes Divertidas e Comedores Escolares) para o curso 2022-2023. O prazo para presentar emendas e reclamación estará aberto ata o 17 de xuño. As listas definitivas publicaranse o 20 de xuño. O prazo de matrícula será do 21 de xuño ao 7 de xullo.

Asemade, dende o departamento de Educación infórmase que as listaxes de solicitudes de renovación admitidas e excluídas, publicaranse a mediados deste mes de xuño.