Solapas principales

Listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas no Setembro Lúdico 2022

Martes, 9 agosto, 2022
O departamento de Educación do Concello de Ames fai públicas as listaxes provisionais de crianzas admitidas e excluídas do programa de conciliación Setembro Lúdico 2022, para a EEI do Milladoiro, o CEP de Ventín e o CEIP A Maía. O prazo de emenda é ata o 24 de agosto (incluído).

O programa Setembro Lúdico 2022 está dirixido a aquelas familias empadroadas no concello de Ames, con crianzas escolarizadas no curso 2022/2023 no segundo ciclo de Educación Infantil, agás os nenos e nenas de 4º ou en Primaria, e que teñan a necesidade de conciliar. Este programa de conciliación da vida laboral e familiar desenvolverase os días 1, 2, 5, 6 e 7 de setembro.

O Setembro Lúdico oferta os servizos de conciliación habituais nos programas do concello, como o Bos Días ou os comedores, co fin de adaptarse ás necesidades de cada familia. Deste xeito, os horarios de entrada dos nenos e nenas poden comezar ás 7:30 ou ás 9:00 horas, cun almorzo opcional para as crianzas máis madrugadoras, mentres que as horas de recollida serán as 14:30 ou as 16:00 horas.