Solapas principales

Listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas no Nadal Lúdico 2022

Viernes, 25 noviembre, 2022
O departamento de Educación do Concello de Ames fai públicas as listaxes provisionais de crianzas admitidas e excluídas do programa de conciliación Nadal Lúdico 2022 para a EEI do Milladoiro, o CEP de Ventín, e o CEIP A Maía. Nas listaxes inclúense as solicitudes presentadas fóra de prazo. Poderanse facer subsanacións ata o día 13 de decembro.

O programa Nadal Lúdico 2022 está dirixido a aquelas familias empadroadas no Concello de Ames, con nenos e nenas escolarizadas no segundo ciclo de Educación Infantil ou Primaria, e que teñan necesidade de conciliar. Este programa de conciliación da vida laboral e familiar desenvolverase os días 23, 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro de 2022, e o 2, 3, 4 e 5 de xaneiro de 2023. 

O Nadal Lúdico oferta os servizos de conciliación habituais nos programas do concello, como o Bos Días ou o comedor, co fin de adaptarse ás necesidades de cada familia. Deste xeito, os horarios de entrada dos nenos e nenas poden comezar ás 7:30 ou ás 9:00 horas, cun almorzo opcional para as crianzas máis madrugadoras, mentres que as horas de recollida serán as 14:30 ou as 16:00 horas.