Solapas principales

Listaxes provisionais de renovacións admitidas e excluídas en Bos Días Cole, Tardes Divertidas e Comedor Escolar para o curso 2020/2021

Jueves, 9 julio, 2020
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa da publicación das listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas para as renovacións nos servizos complementarios de educación (Bos Días Cole, Tardes Divertidas e Comedor Escolar) para o curso 2020-2021. O prazo de reclamación ou subsanación estará aberto ata finais do mes de agosto. As listas definitivas publicaranse a comezos do mes de setembro, antes do inicio do curso escolar.