Solapas principales

Listaxes provisionais de admitidas/os no programa municipal de Campamentos de verán 2022

Miércoles, 4 mayo, 2022
O Concello de Ames informa sobre a publicación das listaxes provisionais de admitidas/os no programa municipal de Campamentos de verán 2022. As devanditas listas están publicadas na web municipal e nos taboleiros oficiais do concello. Poderanse facer as alegacións que se consideren oportunas. O 9 de maio publicarase a lista de admitas/os definitiva. A información completa sobre o proceso de inscrición pódese consultar nas bases do programa.

A efectos de información e posibles reclamacións publícase a lista provisional de admitidos/as no programa municipal e Campamentos de verán 2022, sobre a que se poderán facer as alegacións oportunas. A publicación da lista definitiva será o 9 de maio. Nese momento indicarase nos campamentos que será preciso realizar sorteo, que terá lugar o día 11 de maio no salón de plenos da Casa do Concello. Mediante o mesmo cubriranse as prazas nas distintas actividades, e tamén dará lugar a unha lista de agarda para cada un dos campamentos sorteados. O resultado e a lista de agarda publicarase o 12 de maio.

Matrícula
O prazo de matrícula estará aberto dende o 18 ata o 30 de maio. Para facer a inscrición débese presentar:
-Impreso de matrícula debidamente cumprimentado.
-Copia da tarxeta sanitaria.
-Certificado médico (só no caso de padecer enfermidade que deba ser reflectida).

Presentarase preferiblemente a través do Rexistro telemático na Sede electrónica do Concello ou no rexistro de calquera administración pública adherida á plataforma de intercambio rexistral (SIR). Excepcionalmente, e con cita previa, poderá entregarse nos rexistros do Concello en horario de 9.00 a 14.00 horas, sempre con CITA PREVIA (Teléfonos: 881 074 710 / 881 074 711).

Os impresos para facer efectivo o pagamento de cada campamento (impreso de autoliquidación), enviaránselle ao correo electrónico facilitado por cada usuario/a na fase de preinscrición. Estes documentos indicarán os prazos nos que debe realizarse o abono.

Máis información
Para solicitar máis información pódese contactar coa Concellería de Medio Ambiente, chamado ao 660 004 665 ou enviando un correo electrónico a auladanatureza@concellodeames.gal, ou contactar coa Concellería de Mocidade, chamando ao teléfono 616 083 229 ou enviando un correo a omix@concellodeames.gal. As bases dos campamentos de verán 2022 poden descargarse premendo nesta ligazón.

Multimedia