Solapas principales

Listaxe definitiva de solicitudes presentadas ao programa municipal de campamentos xuvenís 2026

Lunes, 11 mayo, 2026
O Concello de Ames informa sobre a publicación da listaxe definitiva de solicitudes presentadas ao programa municipal de campamentos xuvenís de verán 2026. As devanditas listas están publicadas na web municipal e nos taboleiros oficiais do Concello.

Nos tres campamentos ofertados polo departamento de xuventude haberá que facer sorteo. Cada solicitude ten un número de participación asignado, que será o que entre no sorteo, que se realizará o luns 18 de maio, ás 12.00 horas, no salón de plenos. A través de dito sorteo cubriranse as prazas nas distintas actividades, e tamén dará lugar a unha lista de agarda para cada un dos campamentos sorteados. O resultado e a lista de agarda publicarase o xoves 21 de maio.

Multimedia