Solapas principales

Listaxe cos códigos e números para o sorteo de adxudicación de prazas para os campamentos de verán de 2023

Jueves, 11 mayo, 2023
O Concello de Ames informa sobre a publicación da listaxe cos códigos e números para o sorteo de adxudicación de prazas para os campamentos de verán de 2023. O sorteo realizarase estes xoves, 11 de maio, ás 12.00 horas, no salón de plenos da Casa do Concello A información completa sobre o proceso de inscrición pódese consultar nas bases do programa.

Segundo as bases dos campamentos de verán 2023, a  adxudicación de prazas será:

DIRECTA: no caso de que a demanda non supere o número de prazas dispoñibles, quedando admitidas todas as solicitudes presentadas. Na edición 2023 dos campamentos de verán serán de adxudicación directa os seguintes campamentos:
       
--G.E.- FERVENZAAVENTURA. 5º e 6º de Primaria.
--G.E. BERGANDO. 1º Educación Primaria.
--G.E. CORAZON DE CARBALLO 2º Educación primaria.
--G.E. EL KIRIKO 3º de Educación Primaria.
--ALVARELLA FRAGAS DO EUME 1º Quenda. 4º Educación Primaria.
--ALVARELLA FRAGAS DO EUME 2º Quenda 8 – 14 anos.
--PRAIA DE PATOS 1º Quenda 6º de Educación Primaria.
--CAMPAMENTO ABRENTE (Portonovo) 2º ESO.
          
Cando o número de prazas solicitadas supera ás ofertadas, a adxudicación realizarase mediante SORTEO PÚBLICO no que se seguirán as premisas de prioridade expostas nestas bases. O sorteo terá lugar o día  11 de maio no salón de plenos da Casa do Concello. Mediante o mesmo cubriranse as prazas nas distintas actividades, e tamén dará lugar a unha lista de agarda para cada un dos campamentos sorteados.

Os irmáns que teñan solicitado papeleta única participaran no sorteo co mesmo número (estes casos móstranse sombreados nos listados).

Tendo en conta o especificado nas bases dos campamentos de verán 2023 con respecto as condición para solicitar o servizo a prioridade para optar a praza nestes campamentos será:
-Usuarios/as empadroados/as no Concello de Ames (prioridade 1).

De existir máis prazas que solicitudes poderán acceder ao servizo:
-Usuarios/as que non estando empadroados/as, están matriculados/as nun centro educativo de Ames ou os seus pais traballan no termo municipal. (prioridade 2).
-Usuarios/as non empadroados/as. (prioridade 3).

Reservase un 10% da cota de cada campamento para casos de emerxencia social, que conten con resolución do Concello de Ames. Ademais do dereito a exención de taxas, obteñen praza directa no campamento. No campamento Paisaxe II O Grove hai 2 casos que obteñen directamente os postos 1º e 2º (os números de participación 88 e 89 que aparecen en negriña no listado).