Solapas principales

Listas definitivas de admitidos/as nas escolas infantís municipais O Bosque e A Madalena para o curso 2021/2022

Jueves, 27 mayo, 2021
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa sobre as listas definitivas de admitidos/as nas escolas infantís municipais O Bosque e A Madalena para o curso 2021/2022.

Dende o 1 ata o 15 de xuño estará aberto o prazo para facer a matrícula nas escolas infantís municipais O Bosque e A Madalena para o curso 2021/2022. 

Poderase realizar nas propias escolas en horario de 9:00 a 14:00 horas, previa cita nos teléfonos 981 538 433 (A Madalena) e 682 497 369 (O Bosque). Do 1 ao 15 de xuño estará á disposición dos pais/nais, na paxina web Conciliames, a documentación correspondente á matrícula.

Para máis información, os interesados ou interesadas poden dirixirse aos propios centros: a EIM O Bosque situada no número 28 da avenida da Peregrina, en Bertamiráns; e a EIM A Madalena situada no número 16 da praza da Madalena, no Milladoiro. Tamén se pode chamar aos números de teléfono 682 497 369 (EIM O Bosque) e 981 538 433 (EIM A Madalena) ou utilizar os enderezos electrónicos: eibertamirans@concellodeames.gal // eiamadalena@concellodeames.gal.