Solapas principales

Listas definitivas de admitidos/as na Escola de Verán 2022

Jueves, 23 junio, 2022
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa de que están expostas as listas definitivas de nenos/as admitidos e excluídos no programa municipal da Escola de Verán 2022. Este servizo está dirixido aos nenos e nenas de Ames que durante o prazo de inscrición estiveran escolarizados no segundo ciclo de educación infantil e primaria.

Os centros habilitados para a realización do programa son, na zona do Milladoiro, a Escola de Educación Infantil e o CEP de Ventín, mentres que en Bertamiráns o programa da Escola de Verán desenvolverase nas instalacións do CEIP A Maía. O impreso da declaración responsable da Escola de Verán 2022 deberase entregar cuberto o primeiro día do programa.