Solapas principales

Levántase a suspensión da realización de queimas nos terreos rústicos, suxeitas á obtención de autorización previa ou a comunicación, a partir do vindeiro 11 de maio de 2020

Domingo, 10 mayo, 2020
Este venres, 8 de maio de 2020, publicouse no Diario Oficial de Galicia a resolución do 7 de maio de 2020 relativa ás queimas de restos agrícolas nos terreos rústicos, en cumprimento do acordo do Centro de Coordinación Operativa da emerxencia sanitaria na Comunidade Autónoma de Galicia (CECOP) do 5 de maio de 2020.

Nela a Concellería de Transición Ecolóxica e Medio Rural, establece:

-Levantar a suspensión da realización de queimas nos terreos rústicos, suxeitas á obtención de autorización previa ou a comunicación, segundo corresponda, a partir do vindeiro 11 de maio de 2020.

-Mentres non estean abertas ao publico as oficinas dos distritos ou servizos de prevención de defensa de incendios, os interesados poderán utilizar dúas vías: ou ben chamando ao teléfono 012 ou a vía telemática desde o enderezo web: https://queimasweb.xunta.gal

-Respecto daquelas autorizacións xa notificadas e das comunicacións xa efectuadas que foron deixadas sen efecto por acordo deste Centro de Coordinación Operativa do 13 de marzo de 2020, cómpre que os/as interesados/as soliciten nova autorización ou realicen nova comunicación de conformidade coa normativa aplicable.

-As autorizacións ou comunicacións que foran concedidas antes do 13 de marzo de 2020 quedan sen efecto, polo que se deberá solicitar unha nova autorización ou comunicación.

-A autorización é completamente gratuíta, recoméndase que no momento de facer a solicitude teñan presente o DNI, posto que é un dos datos se solicitan para facer os trámites.