Solapas principales

As instalacións da área fluvial de Tapia están pechadas e prohíbese o baño no río Tambre

Jueves, 28 mayo, 2020
O Concello de Ames informa de que na actualidade as instalacións da área fluvial de Tapia atópanse pechadas e prohíbese o baño no río Tambre, xa que a temporada de baño aínda non deu comezo.

Deste xeito, o persoal do Concello de Ames estivo colocando carteis informativos na praia fluvial de Tapia, nos que se lle informa á veciñanza que ditas instalación están pechadas. Ademais, colocouse a bandeira vermella, xa que o caudal do río é alto e hai bastante corrente, polo que está prohibido o baño. Na actualidade, non hai servizo de socorrismo en ditas instalacións, polo que pode ser perigoso o baño no río.

Ademais, aínda estamos en estado de alarma, declarado polo Goberno do Estado, a través do Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, e dende o Ministerio de Sanidade non se aconsella o baño en auga doce, xa que non se garante que a COVID-19 non se transmita a través deste medio.
 
Por outra banda, as mesas e resto de instalación tampouco están abertas polo momento. Na actualidade, o Concello de Ames está acondicionado ditas instalacións para poder abrilas na época estival, sempre e cando o autorice o Goberno do Estado. Deste xeito, o Concello non se fai responsable do uso de ditas instalacións porque están pechadas.

Por todo o exposto dende o Concello de Ames faise un chamamento a responsabilidade e RECOMENDAMOS QUE NON SE UTILICEN AS INSTALACIÓNS DA PRAIA FLUVIAL DE TAPIA E NON SE REALICEN BAÑOS NO RÍO TAMBRE, pois é un espazo que non está controlado nin vixiado e que presenta unha alta perigosidade para a integridade das persoas debido ao caudal do río e as fortes correntes de auga que se rexistran.

Multimedia