Solapas principales

Inscríbete no obradoiro de crema hidratante que impartirá Benxamín o sábado 8 de novembro no Mercado de horta e artesanía

Lunes, 3 noviembre, 2025
No marco das actividades de dinamización do mercado de produtos da horta e artesanía de Ames, este sábado 8 de novembro, organízase un obradoiro de crema hidratante que impartirá Benxamín. Nesta actividade, impartiranse técnicas de cosmética natural para poder aprender a realizar as nosas propias cremas. Dito obradoiro impartirase de 11.30 a 12.30 horas.

As persoas que estean interesadas en participar nesta actividade teñen que inscribirse ata este mércores, 5 de novembro, a través do WhatsApp 667 665 705. O mercado de horta e artesanía celébrase todos os sábado de 10.00 a 13.30 horas na praza da Maía, en Bertamiráns.

Multimedia