Solapas principales

Información sobre as obras na rúa Ameneiral incluídas no proxecto da améndoa central de Bertamiráns

Miércoles, 9 agosto, 2023
Con motivo do avance da execución das obras de creación da améndoa central de Bertamiráns, incluída na EDUSI Impulsa Ames, o alcalde a través dun bando municipal, comunica que a partir do mércores, 16 de agosto de 2023, procederase ao seguinte:

-Cortarase á circulación na zona sinalada en cor amarelo na rúa Ameneiral.
-O mercadillo que se celebra os sábados de cada mes terá nova ubicación na Travesía da Peregrina e na praza da Maía na zona sinalada en cor branco.
-Os usuarios dos garaxes e vaos non poderán facer uso dos mesmos mentres duren as obras, dispoñen de aparcamento público na zona sinalada en círculo vermello.
-Habilitarase unha zona de contedores de residuos sinalado cunha estrela en cor azul.
-Haberá sinalización de obra con indicación de desvíos alternativos e prohibicións.

Multimedia