Solapas principales

Información sobre as obras da segunda subfase da améndoa central de Bertamiráns

Martes, 14 marzo, 2023
O Concello de Ames informa de que o mércores 15 de marzo comenzará a execución de obras da segunda subfase da améndoa central de Bertamiráns co valado da zona determinada da avenida da Maia.

Dende o Concello, tentaremos que as molestias sexan as mínimas, pero será inevitable que haxa algunha alteración que afecte ao tráfico de vehículos e peonil.

Deste xeito comunícase que:
-Os accesos aos portais e negocios non se verán afectados. Haberá paso para os peóns de xeito permanente.
-Reubicaranse os contedores de residuos para unha zona próxima.
-A parada do bus metropolitano moverase para unha zona habilitada máis adiante.

Multimedia