Martes, 4 noviembre, 2025
- Tematica
Ante as informacións xornalísticas que apuntan á existencia dunha nova vertedura de augas residuais ao río Sar, o Concello de Ames informa que:
-Desde Acuaes quérese desmentir que a vertedura proceda da depuradora de Silvouta, instalación que funciona con normalidade tras as incidencias rexistradas días atrás como consecuencia dos sedimentos acumulados durante anos nos colectores existentes.
-Técnicos de Augas de Ames desprazáronse a zona para realizar unha primeira inspección visual e recoller mostras.
-A alcaldesa de Santiago vén de comunicarse co alcalde de Ames para confirmar que Acuaes e a dirección de obra comunicáronlle ao Concello de Santiago que non houbo novas incidencias coas obras da depurada da Silvouta. Ademais, Augas de Galicia tamén trasladou que non lles consta que se producira ningún incidente novo.




