Solapas principales

Información de interese sobre os servizos complementarios de educación e conciliación

Lunes, 5 septiembre, 2022
A Concellaría de Educación achega información de interese para as familias con fillos e fillas que van facer uso dos servizos complementarios de educación e conciliación do Concello de Ames durante o curso escolar 2022-2023.

Atención telefónica dos servizos de Conciliación: Será a mesma coordinadora para os tres servizos en cada colexio. Como especifica no regulamento, a atención telefónica para avisos é nos seguintes horarios:

-Para Comedor, como mínimo o mesmo día que desexa facer uso do servizo ata as 9:00 horas.
-Para Bos Días Cole en horario de 12:00 a 14:00h e de 18:00 as 20.00 horas do día anterior á utilización do servizo.
-Para Tardes Divertidas en horario de 17:00 as 20.00 horas do día anterior á utilización do servizo.

Para unha mellor organización, agradecemos que os avisos sexan a través de Whatsapp, de forma que nos permite que quede rexistrado, excepto para urxencias.

As coordinadoras dos centros son:
-CEIP Agro do Muíño e escola unitaria A Igrexa: Patricia 686 527 458.
-CEIP A Maia: Rebeca 628 352 877.
-EEI Milladoiro: Marta 608 234 374.
-CEP de Ventín: Laura 669 984 390.
-CEIP de Barouta e escola unitaria de Covas: Paola 639 263 693.

Contarase coa TokApp nos tres servizos. Rogamos que descarguen a aplicación para recibir avisos, notificación, incidencias a través desta plataforma de comunicación. Se a finais de setembro non recibiron ningunha comunicación, hai que poñerse en contacto coas coordinadoras para solucionar o posible fallo nos datos de contacto.

Para descargar a APP:
-Entra na tenda App Store ou Play Store do teu teléfono.
-Busca a aplicación de TokApp School e descárgaa. É gratuíta.
-Abre a aplicación, selecciona o teu país e valida o teléfono ou o enderezo electrónico que facilitaches no centro ao inicio do curso.
-Escribe o nome de usuario e contrasinal que queiras utilizar.
-Move a icona da aplicación á pantalla principal do teu móbil.
-Para calquera dúbida ou consulta, podes contactar con Soporte Técnico de TokApp School soporte@tokapp.com

Información sobre a recollida do alumnado despois do servizo de comedor:
-EEI Milladoiro.
-CEIP A Maia.
-CEIP Agro do Muíño.
-CEIP de Barouta.
-CEP de Ventín.