Solapas principales

Información de interese sobre o servizo de Noitebús que pasa polo concello de Ames

Jueves, 7 abril, 2022
O Concello de Ames informa sobre o servizo de Noitebús. Existen tres liñas que ofrecen dito servizo: a liña XG80401701: Negreira – Brión – Bertamiráns – Santiago EI; a liña XG80401801: San Salvador de Bastavales – Negreira – Santa Comba; e maila liña XG80401901: Pedrouzos – Bertamiráns – Santiago EI. Estas tres liñas funcionan os venres sábados e domingos (dependendo da liña). A primeira liña, que vai de Negreira a Santiago, está sempre activa, pero as outras dúas liñas (liña de Bastavales a Santa Comba e liña de Pedrouzos a Santiago) son rutas baixo demanda, polo que é imprescindible solicitar dito servizo con antelación.

O Concello de Ames traslada a información proporcionada pola Dirección Xeral de Mobilidade sobre o servizo de Noitebús. Trátase dun programa da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, da Xunta de Galicia, posto en marcha co obxectivo de reducir a sinistralidade nas estradas e mellorar a seguridade viaria. Preme nesta ligazón para ampliar a información sobre as liñas que ofrecen o servizo de Noitebús no concello de Ames.

Existen tres liñas que ofrecen dito servizo:
-Liña XG80401701: Negreira – Brión – Bertamiráns – Santiago Estación Intermodal (pasa por Bertamiráns e por Ortoño).
-Liña XG80401801: San Salvador de Bastavales – Negreira – Santa Comba (pasa por Bertamiráns e pola Ponte Maceira).
-Liña XG80401901: Pedrouzos –  Bertamiráns – Santiago Estación Intermodal (pasa por Bertamiráns, Ortoño e O Milladoiro).

Estas tres liñas funcionan os venres sábados e domingos (dependendo da liña). A primeira liña, que vai de Negreira a Santiago, está sempre activa, pero as outras dúas liñas (liña de Bastavales a Santa Comba e liña de Pedrouzos a Santiago) son rutas baixo demanda, polo que para poder empregalas é imprescindible solicitar dito servizo con antelación, senón estas dúas liñas non ofrecen servizo de Noitebús.

A reserva do servizo pódese facer ata as 19:00 horas do día laborable anterior dende calquera das seguintes opcións:
-Sitio web: bus.gal.
-Aplicacións móbiles.
-Teléfono 988 68 78 00 – Dispoñible de 08:00h ata 20:00horas de luns a venres.