Solapas principales

As familias deben elixir a hora de recollida do alumnado que acude ao servizo de comedor escolar

Miércoles, 9 septiembre, 2020
O Concello de Ames, a través do departamento de Educación, informa das normas para a recollida dos usuarios e usuarias da Rede de Comedores do Concello de Ames. Os comedores seguen os protocolos establecidos en cada centro educativo, polo tanto, desde a Rede de Comedores lémbrase que as familias non poden acceder ao centro.

Os/as monitores/as de comedores encargaranse de entregarlles os nenos e as nenas ás familias. É moi importante que indiquedes a hora de recollida, xa que só se trasladarán á porta os nenos e nenas que teñan elixido ese horario. Este horario será o mesmo para todos os días e, no caso de querer cambialo, débese solicitar mediante este formulario que estará colgado na páxina http://www.conciliames.org/ nos vindeiros días. Os cambios poderán realizarse ata o día 25 de cada mes e serán efectivos no seguinte mes.

Este sistema é imprescindible para facer as saídas de xeito gradual e para evitar as aglomeracións. Pregámosvos que, se non precisades o horario completo, adiantedes a recollida para as primeiras quendas, co obxectivo de que os nenas e as nenas estean nos centros educativos só o tempo necesario.

Para dar cabida a todas as solicitudes do servizo e garantir a seguridade, os usuarios e usuarias de comedor sentarán gardando as distancias ou mantendo os grupos estables de convivencia que teñen durante toda a xornada. Cada grupo terá asignado un monitor ou monitora e esta será a persoa encargada de recoller o grupo na aula, da hixiene de mans, do servizo de comida e da volta á aula ata a súa recollida.

Seguindo as recomendacións sanitarias, eliminamos o lavado de dentes no servizo de comedores. Temos que pedirvos comprensión ás familias e colaboración para que a organización sexa o máis eficaz posible.

Nos seguintes enlaces tedes un formulario para elixir unha hora de recollida entre varias alternativas:
-Enlace para o CEIP de Barouta.
-Enlace para o CEIP da Maía.
-Enlace para o Agro do Muíño.
-Enlace para a EEI Milladoiro.
-Enlace para o CEP de Ventín.

Multimedia