Solapas principales

Exposición pública do censo electoral polas eleccións ás Cortes Xerais de 2023

Viernes, 2 junio, 2023
Con motivo da convocatoria de eleccións ás Cortes Xerais, que terán lugar o próximo día 23 de xullo o Concello de Ames expón ao público, para consulta e presentación de reclamacións, o censo electoral elaborado pola Oficina do Censo Electoral, durante o período de exposición do 5 ao 12 de xuño, ambos inclusive. O servizo de consulta realizarase por medios informáticos e será de xeito individual para cada persoa que o solicite, presentando o seu documento de identidade.

O censo electoral inclúe aos electores que cumpran as seguintes condicións:

-Estar empadroado neste concello con anterioridade ao 28 de febreiro do 2023 (data de actualización do censo).
-Ter cumprido os 18 anos antes do 24 de xullo do 2023.
-Non estar privado do dereito de sufraxio activo.
-Ter nacionalidade española.

Información complementaria
A cidadanía que reunindo os requisitos non figuren no censo electoral ou consten con datos erróneos, poderán presentar a correspondente reclamación para estas eleccións unicamente no período de exposición comprendido entre o 5 ao 12 de xuño (ambos inclusive).

A resolución das reclamacións realizarase pola Oficina do Censo Electoral nun prazo de tres días a contar dende a súa recepción.

As rectificacións ao censo electoral  expoñeranse ao publico o día 16 de xuño.

Fundamento legal
Lei orgánica 5/1985, de 19 de xuño do réxime electoral xeral, modificada pola Lei orgánica 2/2011, de 28 de xaneiro.