Solapas principales

Execútanse obras nas rúas de Abaixo, Agro do Medio, Agro da Madalena e do Rego

Lunes, 8 abril, 2024
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Obras e Servizos Básicos, informa de que ese luns, 8 de abril, comezaron os traballos na rúa de Abaixo, no Milladoiro. Duarante esta semana e maila próxima executaranse obras nas rúas de Abaixo, Agro do Medio, Agro da Madalena e do Rego, situadas na localidade do Milladoiro. Os traballos iranse realizando de xeito progresivo en ditas rúas.

As obras consistirán no fresado, renovación da capa de rodadura, pintado e levantamento de arquetas. O pasado venres, 5 de abril, comezouse a poñer avisos nas rúas afecadas para avisar á veciñanza de ditos traballos.

Multimedia