Solapas principales

Este domingo día 15 de agosto remata o prazo para adherirse á campaña de tarxetas bono “Reactiva Ames”

Viernes, 13 agosto, 2021
O Concello de Ames, a través da concellaría de Promoción Económica, abriu o pasado 16 de xullo o prazo para que novos establecementos comerciais se adheriran á campaña de tarxetas bono “Reactiva Ames”. O prazo para inscribirse permanecerá aberto ata este domingo 15 de agosto e, tan só, terán que inscribirse aqueles establecementos que non participaran na primeira parte da campaña. Está previsto que esta segunda fase da campaña se desenvolva do 1 de setembro ao 31 de outubro. Para inscribirse hai que entrar na Sede electrónica do Concello de Amese cubrir a solicitude que se atopa debaixo do apartado de Trámites en liña co nome de Tarxetas bono.