Solapas principales

Esgótanse as prazas para participar na visita ás Fragas do Eume deste sábado 24 de abril

Miércoles, 21 abril, 2021
A Concellaría de Transición Ecolóxica e Medio Ambiente, a través da Aula da Natureza, informa de que están esgotadas as prazas para participar na visita ás Fragas do Eume, prevista para este sábado 24 de abril, e que se enmarca dentro do programa Pegadas. As persoas que non obtiveron praza están incluídas nunha lista de agarda por se dá de baixa algunha das persoas que dispoñen de praza.

Primavera nas Fragas do Eume, este é o nome da actividade que organizou a Aula da Natureza do Concello de Ames para este sábado 24 de abril. Esta visita inclúese na programación que a Aula da Natureza propón a través do programa Pegadas. Esta visita inclúe unha ruta polas Fragas do Eume e unha visita interpretada ao mosteiro de San Xoán de Caaveiro.

Haberá servizo de autobús dende Bertamiráns e O Milladoiro. A saída está prevista dende a praza do Concello, en Bertamiráns, ás 9.45 horas, e dende a Casa da Cultura do Milladoiro, ás 10.00 horas. O regreso está previsto para ás 18.00 horas ao Milladoiro e ás 18.15 horas a Bertamiráns. Cada participante deberá levar a súa propia comida. O xantar farase nunha área recreativa.

Multimedia