Solapas principales

Esgotadas as prazas para a actividade de karting do Trouleando de marzo

Miércoles, 16 marzo, 2022
Dende a Concellaría de Mocidade informan de que están esgotadas todas as prazas da actividade de karting incluída no programa Trouleando. Esta actividade desenvolverase no kartódromo de Valga o sábado, 26 de marzo, con servizo de autobús dende O Milladoiro e Bertamiráns.

O circuíto, con 35.000 metros cadrados de extensión e un trazado de 850 metros, conta cunha flota de trinta karts cos que gozar dunha das disciplinas por excelencia do automobilismo. O karting é a modalidade na que a meirande parte de pilotos de competición comeza a súa formación, debido á súa adaptación a diferentes idades e tamaños, á súa sinxeleza e unha maior accesibilidade a nivel económico.

Antes de comezar coa actividade, facilitaranse ás persoas participantes as normas de seguridade do circuíto, consellos de vestimenta e calzado, así como instrucións para cronometrarse. Ademais, organizaranse as quendas de participación na pista en función dos diferentes perfís da mocidade, para os que se terá en conta a idade, a experiencia, a corpulencia ou a estatura para que empreguen karts infantís ou de adultos.

Para calquera dúbida, pódese contactar coa Oficina Municipal de Información Xuvenil, a OMIX, no correo electrónico omix@concellodeames.gal.

Multimedia