Miércoles, 12 abril, 2023
- Tematica
A Concellaría de Xuventude informa de que as prazas para participar na xornada de surf en Razo do programa Trouleando do mes de abril están esgotadas. A actividade, co aforo xa cuberto, terá lugar o día 22 de abril, e ofrécese servizo de autobús dende Bertamiráns e O Milladoiro.
A praia de Razo conta con ondas constantes, garantindo a práctica de surf durante case todo o ano. Para a iniciación neste deporte é suficiente con saber nadar. Os participantes dividiranse en dous grupos e serán guiados por monitores/as. En primeiro lugar, recibirán uns consellos teóricos na area sobre movementos que deben facer na auga para poñerse de pé na táboa de surf. Posteriormente, poderán mergullarse e gozar da experiencia de coller as súas primeiras olas, sempre acompañados/as polos monitores/as.