Solapas principales

A Escola de Música abre un prazo de inscrición extraordinario para as prazas que quedaron libres para o curso 2026-2027

Jueves, 3 septiembre, 2026
Desde o 1 de setembro está aberto o prazo extraordinario para a solicitude das prazas que quedaron libres na Escola Municipal de Música de Ames para o vindeiro curso 2026-2027. Ao ser un período extraordinario, as prazas adxudicaranse por orde de rexistro de entrada. As persoas interesadas terán ata o vindeiro 8 de setembro para realizar a formalización. Esta poderá facerse na Sede electrónica do Concello de Ames ou ben de xeito presencial nos rexistros municipais.

Tras abrir un período de renovación de matrícula e de novas altas, a Escola Municipal de Música de Ames (EMMA), fai públicas as prazas que aínda quedan libres de cara ao vindeiro curso 2026-2027.  Ditas prazas serán adxudicadas por orde de entrada en rexistro. O alumnado que obteña a praza será contactado e poderá formalizar a súa matrícula dende o vindeiro martes, 1 de setembro, ata o día 8. 

As persoas interesadas deberán entregar catro impresos cubertos: 

    • Impreso 1: datos do alumno/a, instrumento e autorización paterna/materna se é menor

    • Impreso 2: marcando aos recadros correspondentes (prezos de matrícula, mensualidades, bonificacións con xustificante)

    • Impreso 3: domiciliación bancaria para o pagamento das cotas mensuais

    • Impreso 4: autorización de imaxe

Para confirmar a praza deberá abonarse o importe da matrícula unha vez que esta estea adxudicada. Para iso, recibirán por correo electrónico (ou poderán pasar pola oficina de recadación do Concello de Ames ou pola oficina da escola de música na casa da cultura do Milladoiro) a folla de autoliquidación da taxa da matrícula. Unha vez pagada, deberán entregar o xustificante do pagamento por correo-e a escolademusica@concellodeames.gal

En canto ás prazas, quedaron libres as seguintes: 

    • MÚSICA E MOVEMENTO (ano de nacemento 2020): Luns e mércores 16:30-17:30: 5 prazas

    • MÚSICA E MOVEMENTO (ano de nacemento 2021): Luns e mércores 17:30-18:30: 6 prazas

    • MÚSICA E MOVEMENTO (ano de nacemento 2022): Luns e mércores 18:30-19:30: 8 prazas

A actividade de Música e Movemento facilita que a rapazada amplíe o seu vocabulario e practique as súas destrezas motoras. Ao cantar, os nenos e nenas aprenden naturalmente ao son das letras, e as rimas espértanlles a imaxinación. Por outra banda, a materia axuda a mellorar a coordinación dinámica xeral cos ritmos musicais, afianza o desenvolvemento de determinadas capacidades, como a coordinación psicomotriz e a coordinación audio-motora, e desenvolve e amplía as posibilidades e experiencias corporais do ritmo, a coordinación e o movemento.

As clases darán comezo o vindeiro luns, 14 de setembro, e impartiranse no Edificio Multiusos de Aldea Nova. Durante o curso seguirase o calendario escolar, polo que non haberá clases nas vacacións de Nadal, Entroido e Semana Santa. Toda a información referente a escola enviarase a través da aplicación TOKAPP, polo que é preciso descargala no número de teléfono indicado na solicitude.