Solapas principales

Inscríbete e participa no encontro creativo: A Megacolab, incluído no programa Youtubeiras 2022

Lunes, 6 junio, 2022
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Normalización Lingüística, informa de que está aberto o prazo para inscribirse no encontro creativo: a Megacolab, incluído no programa Youtubeiras 2022.

Para fomentar e fortalecer o sentimento de comunidade, tras os dous últimos anos de pandemia, Youtubeiras recupera a presencialidade nalgunhas das súas actividades de convivencia, intercambio e formación. A primeira actividade programada será o encontro creativo: a Megacolab, dinamizado por Gingko. Trátase dunha xornada de creación colectiva entre youtubeiros/as. Celebrarase o sábado, 18 de xuño, en horario de 11 a 14 h e de 16 a 19 h no Espazo Apego, en Santiago de Compostela. Para asistiren, as persoas interesadas deben inscribirse antes do 16 de xuño a través da páxina web de Youtubeiras, xa que as prazas son limitadas.

DESCRICIÓN: seis horas para coñecérmonos, compartir coñecemento e crear colectivamente, facendo rede e vídeos simultaneamente. Este encontro, dinamizado por Gingko, é a colab das colabs! 

IMPARTE: Gingko, formado por María Lobo e Roi Guitián, traballa na produción audiovisual e na creación dixital. Nos últimos anos, puxeron as súas ferramentas e estratexias ao servizo da educación mediática, a participación social e a cidadanía dende unha perspectiva comunitaria.

DATA: 18 de xuño.

DURACIÓN: 6 horas

HORARIO: 11:00 - 14:00  horas | 16:00 - 19:00 horas

ONDE: Espazo Apego (Santiago de Compostela)

PRAZAS: 20 persoas

PRAZO DE INSCRICIÓN: do 1 ao 16 de xuño

REQUISITOS: 

> Ser creador/a de contidos dixitais.

> Traer equipo técnico propio para gravar e editar vídeo.

INSCRÍBETE AQUÍ

Multimedia