Solapas principales

Días festivos locais do Concello de Ames (calendario laboral 2021)

Lunes, 15 febrero, 2021
O Concello de Ames informa de que durante o exercicio 2021 os festivos locais no Concello de Ames son o xoves 13 de maio (festividade da Ascensión) e mailo xoves 24 de xuño (San Xoán).

O Pleno do Concello de Ames, en sesión ordinaria celebrada o pasado 3 de setembro de 2020, adoptou, entre outros, o acordo de fixar como festivos locais durante 2021 para o Concello de Ames o xoves 13 de maio (festividade da Ascensión) e mailo xoves 24 de xuño (San Xoán). Polo tanto, este martes 16 de febreiro (martes de Entroido), que outros anos foi festivo local, este ano é día laboral.