Solapas principales

Desde o 7 de xuño pódense solicitar os carnés para as piscinas descubertas

De Viernes, 4 Junio, 2021 hasta Viernes, 13 Agosto, 2021
A partir do luns, 7 de xuño, está aberto o prazo, ata o venres 13 de agosto, para solicitar os carnés para as piscinas descubertas de Bertamiráns e do Milladoiro. As piscinas estarán abertas desde o 15 de xuño até o 15 de setembro en horario de 11:00 a 21:00 horas. A documentación deberá enviarse a - Zona do Milladoiro: deportes.milladoiro@concellodeames.gal - Zona de Bertamiráns: deportes@concellodeames.gal

·Documentación necesaria:
    • Solicitude cuberta
    • Foto escaneada: tamaño carné por cada usuario novo ou se fose necesario renovala
    • Folla de autoliquidación selada pola entidade bancaria:
A folla de autoliquidación poderá solicitarse nas oficinas de Recadación:
- Presencial: Bertamiráns (Praza Horta de Abaixo, nº 6) O Milladoiro (Rúa Viorneira, nº 6)
- Correo electrónico: ames@canaltributos.com
- Teléfono: 981 88 48 96

- Facer a autoliquidación: Oficina Virtual Tributaria (https://ames.tributoslocales.es/)
*Unha vez recibida a documentación enviaranse os carnés actualizados (pdf) nun prazo de 5 días.

 Prezos:
- Abono familiar tempada (pais e fillos menores de 18 anos, engadirá aos fillos menores de 25 anos cando estes non dispoñan de ingresos): 20 €
- Abono tempada individual: 14 €
- Abono tempada individual (menores de 18 anos): 7 €
- Abono mes: 7 €
- Abono mes (menores de 18 anos): 5 €
- Menores de 4 anos: exentos
- 3º irmán/a en abono (menores de 18 anos): 50 %
* Exención de taxas nos abonos: informe Servizos Sociais

· Período de apertura: do 15 de xuño ao 15 de setembro (11:00 h-21:00 h)

· Información:
- Oficina de Deportes de Bertamiráns (Casa do Concello): 619 842 504
- Casa da Cultura do Milladoiro: 981 535 940