Solapas principales

A Concellaría de Medio Ambiente informa da presenza de vermes defoliadores de millo e gramíneas nalgúns puntos da xeografía amesá

Miércoles, 11 octubre, 2023
O Concello de Ames, a través do departamento de Medio Rural, informa da presenza dunha praga de vermes defoliadores de millo e gramíneas (Mythimna unipuncta) nalgunhas das parroquias amesás. Trátase dun lepidóptero, que, se ben no mes de outubro debería estar invernando, aínda se atopa presente entre a poboación por mor das altas temperaturas. Dende a Concellaría resáltase que estes vermes son inofensivos para as persoas, e que desaparecerán chegado o frío. A Consellería do Medio Rural non conta con ningún programa de fumigación para exterminar este tipo de pragas. Ao pé deste aviso pódese descargar un documento para coñecer os métodos de control da Mythimna unipuncta.

Mythimna unipuncta é un lepidóptero pertencente á familia Noctuidae que ataca a varias especies, sendo especialmente voraz para millo e gramíneas. Os danos son producidos pola alimentación das larvas na base das plantas. Nas pradeiras desaparecen as gramíneas e no millo poden eliminar toda a folla a excepción do nervio central. Estes vermes son inofensivos para as persoas

Atópase presente en Galicia dende fai décadas, con danos importantes na década nos 90. Nos últimos anos non producira grandes danos ata este ano 2023. A praga no mes de outubro debería estar invernando pero debido ás temperaturas altas aínda se atopa presente entre a poboación.

Ao non tratarse dunha praga de corentena a Administración non intervén no seu control nin establece protocolo algún ao respecto, malia que si pode dar algunha pauta, asesorar e informar aos interesados ou aos seus representantes. Dende a Consellería de Medio Ambiente tamén se aconsella sobre a aplicación de produtos fitosanitarios en fincas, cultivos... aos agricultores.

Para atopar máis información e consultar os métodos de control para usos agrarios, preme nesta ligazón.