Solapas principales

Cambio de lugar de celebración do Nadal lúdico 2022 para os nenos/as de infantil do Milladoiro

Jueves, 1 diciembre, 2022
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa de que unha vez finalizado o prazo de presentación para o Nadal lúdico de 2022, a dirección da escola infantil do Milladoiro informou de que durante o período de Nadal vanse realizar obras no pavimento interior do colexio que imposibilitan o sei uso, polo que non será posible desenvolver dito programa en dito centro escolar, tal e como estaba previsto.

Tendo en conta o anterior, no Milladoiro, para os nenos de infantil que houberan solicitado e sexan admitidos no servizo Nadal Lúdico 2022 habilitarase tamén o CEP de Ventín en substitución da EEI Milladoiro. Por conseguinte, os lugares habilitados no Milladoiro para a celebración do Nadal lúdico 2022, tanto para os nenos/as de infantil como os de primaria será o CEP de Ventín.