Solapas principales

As bibliotecas de Ames modifican o seu horario como cada ano ao chegar o verán

Lunes, 13 junio, 2022
O horario do verán das bibliotecas de Ames, que se estenderá do 15 de xuño ao 15 de setembro (ámbolos dous días incluídos) será de luns a venres, de 09.00 a 14.00 horas. O horario de préstamos e devolucións, como sempre, rematará dez minutos antes do peche.

Por outra banda, a aula de lectura da Biblioteca de Bertamiráns abrirá do 15 ao 30 de xuño e do 1 ao 15 de setembro no horario de 09.00 a 14:00 e de 16:00 a 21.00 horas, mentres que durante os meses de xullo e agosto terá o mesmo horario de verán que a biblioteca, de 09.00 a 14.00 horas.