Solapas principales

A biblioteca e a sala de estudo de Bertamiráns pechan por mor das obras na Casa da Cultura

Lunes, 10 enero, 2022
Este luns 10 de xaneiro comezan as reformas na Casa da Cultura de Bertamiráns, que mellorarán o seu alumeado, renovarán pavimentos e falsos teitos no primeiro andar e engadirán novos espazos ao carón do auditorio, que se empregarán para un almacén, unha zona de acceso ao escenario e unha sala de lactancia. Xa que as obras afectan directamente ao seus accesos e ao seu funcionamento habitual, tanto a biblioteca municipal como a súa sala de estudo permanecerán pechadas. O seu persoal indica ás usuarias e usuarios que poden realizar as súas consultas, devolucións, renovacións e reservas na biblioteca do Milladoiro, ou ben a través do enderezo biblioteca@concellodeames.gal ou do teléfono 981 530 807. Para facilitar as devolucións dos préstamos, a biblioteca habilitará un caixón onde poder depositar os exemplares retirados polos usuarios e usuarias.

Multimedia