Solapas principales

Baremación de méritos nos procesos selectivos para a selección de prazas incluídas na oferta de emprego público de 2022

Miércoles, 31 mayo, 2023
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai públicos os resultados da baremación de méritos nos procesos selectivos para a selección de prazas de asesoría psicolóxica de servizos sociais, mediador social intercultural, técnico/a de normalización lingüística, técnico/a de educación e técnico/a local de emprego, incluídas no proceso selectivo de estabilización de emprego temporal da oferta de emprego público de 2022.

Outórgase un prazo de cinco días hábiles para que os/as aspirantes poidan presentar ante o Tribunal as reclamacións que estime oportunas á valoración provisional. Este prazo comeza a contar a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello. Aquelas poderán presentarse en calquera dos rexistros establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas.

> Premendo nesta ligazón podes acceder ao proceso selectivo ao completo