Solapas principales

Bando sobre a prohibición de estacionamento debido á actuación de orquestras polo San Xosé

Martes, 14 marzo, 2023
O alcalde de Ames, J. Blas García Piñeiro, vén de publicar un bando sobre a prohibición de estacionamento, debido á celebración das festas de San Xosé no Milladoiro, no aparcadoiro do Supercor, así como no tramo da Rúa Agro do Medio cos cruces da rúa Pardiñeiros e a rúa Cruxa, dende as 15.30 horas do sábado 18 de marzo de 2023 ate as 08.00 horas do luns día 20 de marzo de 2023.